Todos utilizamos a diario Tecnoloxías da Información e da comunicación: escoitamos a radio, miramos a televisión, comunicamonos por WhatsApp, Instagram, Facebook e Messenger. Todos utilizámos algunha senon todas estas tecnoloxías na nosa vida cotiá ata o punto de que actualmente converteronse en imprescindibles. A sociedade actual obriganos a dominar e dispor de recursos para xestionar a multitude de información dixital que nos rodea e a que temos libre acceso grazas a Internet.
A xente xa non se relaciona igual, non busca información igual, non mostra os seus sentimentos nin explica a súa vida igual, polo tanto, podemos afirmar que a sociedade cambiou polos avances neste campo, pero isto non é unha novidade; Anteriormente a aparición da TV, da radio e da prensa escrita tamén cambiou por completo as sociedades desa época.
Actualmente a máxima expresión das TIC atopámola na internet. Internet xunto coa telefonía mobil supuxo unha revolución e redefiniu a forma de relacionarse e comunicarse das persoas.
Actualmente a máxima expresión das TIC atopámola na internet. Internet xunto coa telefonía mobil supuxo unha revolución e redefiniu a forma de relacionarse e comunicarse das persoas.
Polo tanto, podemos definir as TIC como o conxunto de tecnoloxías no ámbito da Informática que teñen como obxectivo facilitar e mellorar a comunicación das persoas. En TIC traballaremos todo o que teña que ver con Información dixital (Búsqueda, selección, edición e publicación de textos, imaxes, sonidos e videos) e todo o que teña que ver coa Informática (software, hadware e programación)
VANTAXES E INCONVENIENTES DAS TIC
- Interacción sen barreiras xeográficas.
- Accesibilidade e diversidade de coñecementos ao alcance de todos.
- Aforro de tempo e custos ao poder acceder á información e comunicarnos dunha forma máis rápida e sinxela.
- Almacenaxe seguro, fácil e atemporal da información
No lado oposto, facer un mal uso das TIC pode ter como consecuencia serias desvantaxes:
- Autoexclusión social e illamento.
- Perda de identidade e privacidade.
- Sobreinformación ou mala selección desta.
- Facilidade para establecer contactos perigosos tanto con respecto a individuos como a ideoloxías extremas.
Por estes motivos ademais de coñecementos técnicos para saber facer tamén son imprescindibles os coñecementos que nos permitan valorar as necesidades e os riscos aos que nos enfrentamos.
- DESCUBRIMENTOS TECNOLÓXICOS ata o 2010